![]() |
| CÓMIC CINEXÉTICO - FGC PONTEVEDRA |
| Presentación do cómic “De non existir… habería que inventala” |
| 2025-11-24 |
Na sede da Deputación Provincial de Pontevedra tivo lugar, o pasado venres 21 de novembro, a presentación oficial dun cómic que versa sobre os valores da caza, a coexistencia con outros usos do monte e o coidado do medio. Esta publicación está inspirada na idea orixinal do presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, e que plasmou de xeito brillante a ilustradora Irma Loureiro Neira. No acto de presentación o presidente da Deputación Provincial, Luis López, destacou que neste cómic recóllense tres valores esenciáis para o ente provincial, valores tales como o impulso aos colectivos, a protección do territorio e o apoio o deporte así como á cultura e á lingua. Na intervención do presidente de Mutuasport, José María Mancheño, adiantouse o compromiso da mutua na difusión deste comic a nivel nacional porque reflexa un dos valores esenciais da caza… a súa imperiosa necesidade para a sociedade. Os agradecementos as institucións chegaron da man de Francisco Couselo e Irma Loureiro que recalcaron o apoio para que esta publicación xa sexa unha realidade.
Pechou o acto Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC, quen agradeceu ao presidente da Deputación Provincial a colaboración neste proxecto así como o apoio do presidente da Mutua dos cazadores co súa asistencia. O máximo representante dos cazadores galegos fixo fincapé no traballo e esforzo de Paco Couselo e Irma Loureiro para sacar adiante este cómic que da luz aos valores da caza para aqueles que son alleos a realidade cinexética. |