![]() |
| XESTIÓN DO XABARIL |
| A FGC participa na xuntanza da Consellería de Medio Ambiente, Medio Rural e o sector porcino coa xestión do xabaril como tema primordial |
| 2025-12-19 |
No día de onte, 18 de decembro, a Xunta de Galicia convocou a unha ampla representación do sector porcino e cinexético co fin de abordar a situación actual da xestión do xabaril na comunidade galega co fin de garantir unha actuación coordinada. A tal fin a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañadas pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuníronse con membros da Federación Galega de Porcino (Fegapor), da Agrupación Defensa Sanitaria de Gando Porcino, da Asociación Galega de Veterinarios de Porcino (Agavepor) e da Federación Galega de Caza, entre outros. Entre outras medidas a FGC destacou a necesidade vital da eliminación de xabariles asentados nas zonas urbanas e periurbanas ao tempo que reclamou un plan de actuación serio para que gandeiros, labregos, cazadores e sociedade en xeral teña toda a información precisa para actuar fronte a Peste Porcina Africana así como ante outras enfermidades. O presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, destacou o apoio das dúas Consellerías para a implantación de puntos intermedios de recollida de exemplares de xabaril abatidos polos cazadores así como o tratamento dos seus subproductos. Máis información en: La Xunta pide la colaboración de todo el sector porcino y de los cazadores para actuar coordinadamente en la gestión de las poblaciones de jabalí - Xunta de Galicia |