CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado
2025-12-22

O número de disparos empregados e a entrada en control foi determinante para coñecer o podio do Campionato Galego de Caza de Arceas “Xunta de Galicia”, proba desputada o pasado sábado 20 de decembro no concello coruñés de A Baña.

Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e que contou coa colaboración e cesión dos terreos por parte da Sociedade de Cazadores Sancan. En verbas do Director da Proba e Delegado da especialidade, José Moure, destacar o compromiso de dita Sociedade de Cazadores que fixeron posible a celebración do mesmo.

Ás 9:00 horas e baixo unha intensa choiva comenzaba este Autonómico de Arceas que na primeira metade da xornada trascorreu baixo fortes refachos de choiva e vento para pasar a unha segunda parte con ceos abertos e mellores condicións para desenrolar a actividade cinexética.

Ante unha tempada de caza de arceas que, en xeral, non está a ser todo o satisfactoriamente desexable para os arceeiros galegos neste campionato, con preto de 20 arceas avistadas, podemos decir que o resultado final foi mellor do agardado e poucos foron os cazadores que non avistaron á migratoria.

Foi o coruñés José Manuel Tomé Sogo participando co setter de nome “Duke” o que obtiña o primeiro posto da clasificación final e se proclamaba campión galego da especialidade 2025 con 500 puntos. Co mesmo número de puntos e disparos pero con entrada en control posterior, o segundo posto da xeral era para o pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente co setter “Azor”. Estes dous cazadores formarán a Selección Galega no Nacional de Arceas que se desputará o vindeiro 17 de xaneiro na localidade asturiana de Amieva - Cangas de Onis.

O bronce da xeral foi para o coruñés Antón Moure Segade coa setter de nome “Lara” que era dos derradeiros participantes en facer a entrada en control cunha captura dun disparo e 500 puntos.

Este Campionato Galego contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.