![]() |
| CANS DE PARADA SOBRE ARCEA |
| VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia” |
| 2025-12-29 |
O pasado 27 de decembro desputouse a VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Aceas “Xunta de Galicia”, proba organizada pola Federación Galega de Caza nos terreos do Tecor da Cova da Serpe de Friol en Lugo, e na que se contou coa inestimable colaboración dos membros do Clube de Caza Jalizar e directivos das Sociedade de Caza encabezados polo seu Presidente David Argerey. Todos eles foron unha parte importante na organización e desenrolo do campionato, mencionar especialmente a José Ángel Seco que se encargou de coordinar e organizar este campionato. A competición dividiuse en dúas baterías que foron xulgadas, a batería 1 por Antonio González (xuíz principal) e Alberto Vidal (xuíz en prácticas) onde participaron 19 cans, a batería 2 foi xulgada por José Angel Seco (xuíz principal) e Abel Armesto (xuíz en prácticas) onde participaron 18 cans, con un total de participación de 33 cans.
Con un tempo moi frío e xeado, comezou a proba no horario previsto e desenrolándose os distintos “turnos” nas dúas baterías, pese ao gran esforzo dos guías e excelente traballo dos cans, que incluso varios deles foron rechamados pola súa calidade e capacidades que amosaron sobre o terreo en ambas baterías, non houbo ningún punto válido que puidesen cualificar a ningún dos cans o non aparecer este misterioso “paxaro”. A clasificación final decidiuse pola distintas prestacións e méritos que realizaron os cans sobre o terreo. A orde final fíxose pola idade do can de menos idade de maneira correlativa quedando a clasificación da seguinte maneira: 1º OBI de Julio Aneiros (SIM) (recolleu o trofeo Fabián Barge) 2º RAIZA DA CARBALLESA de Esteban Cambón (SIF) 3º DEMDABERRI VIENTO de Manuel Castiñeiras (SIM)
No referente a clasificación especial de cans de menos de 24 meses. 1º ARES DO CANCELA de Manuel Cancela (SIM)
A clausura fíxose no restarante Roimil onde se desfrutou dun excelente xantar nun ambiente cordial e de camaradería, o remate deste procedeuse a entrega de trofeos, onde contamos coa a presenza do tenente de alcalde de Friol D. Jesús Julio Cortiña. Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Mutuasport e Arion.
|