ARCEAS OURENSE
O título de campión provincial de Ourense foi para Iván Álvarez coa setter “Loba Raiña”
2026-01-19

XXX Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas “Xunta de Galicia”

O pasado 17 de xaneiro, disputábase a fase provincial de Ourense de caza de arceas. Un campionato celebrado nos terreos cinexéticos do Tecor “Os Blancos” e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Con baixas temperaturas comezaba a edición número XXX deste provincial de caza de arceas que resultou ser unha fantástica xornada cinexética para todos os cazadores participantes.

O máis afortunado dos cazadores xunto co seu bo facer foi Iván Álvarez Pena coa setter “Loba Raiña” que con 500 puntos converteuse no campión provincial. O segundo posto foi para Diego López Corbal con tamén 500 puntos e participando coa setter de nome “Garza”. O bronce foi para Jorge Vázquez Iglesias co setter “As” e tamén 500 puntos. Alfonso García e Andrés Carrera completaron a selección provincial.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.