![]() |
| XORNADA FORMACIÓN |
| Xornada formativa: Control das Armas de Caza e de Tiro Deportivo |
| 2026-02-16 |
POSIBILIDADE DE ASISTENCIA ONLINE - 24 DE FEBREIRO DE 2026 A xornada "O control de armas de caza e de tiro deportivo” ofrece unha visión integral sobre a regulación vixente, destacando o papel esencial da Garda Civil (Intervención de Armas e Explosivos) na xestión de licenzas e a seguridade cidadá. A través de dous paneis especializados, abordaranse diferentes perspectivas: desde as novidades na normativa, ata as boas prácticas no ámbito federativo e cinexético. Obxectivos: - Difundir e actualizar coñecementos sobre a normativa actual de armas e o papel da Garda Civil no seu control administrativo e operativo. - Analizar os mecanismos de prevención de accidentes e seguridade no manexo de armas deportivas e de caza. - Fomentar o intercambio de coñecemento entre a Administración, as federacións deportivas, armeiros e usuarios. - Sensibilizar ao colectivo de tiradores e cazadores sobre a importancia da custodia responsable e a prevención do tráfico ilícito. Persoal ao que vai dirixido: Esta xornada está dirixida á cidadanía en xeral e, en concreto, a: - Federados en Tiro Olímpico e Caza, deportistas e propietarios de armas. - Armeiros, instrutores de tiro, e persoal de seguridade privada. - Estudantes universitarios de Dereito, Criminología e Seguridade. - Público xeral con interese na normativa de armas e a seguridade pública. - Membros da Garda Civil, especialmente da especialidade de Intervención de Armas e Explosivos (ICAE). Participación: Asistencia presencial exclusivamente con invitación. Pode asistir en liña de forma gratuíta ESCANEANDO O CÓDIGO QR DA IMAXE
|