![]() |
| NACIONAL DE PERCORRIDOS ARCO |
| Un total de 8 medallas colleitadas pola Selección Galega no Nacional de Percorridos con Arco |
| 24/02/2026 |
En Fresno de Torote – Madrid desputouse o pasado sábado 21 de febreiro a edición XXVIII do Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco. Na proba participaron máis de 80 arqueiros chegados de todos os puntos da península para desputar esta proba Nacional organizada pola RFEC. Presentábase a Selección Galega cun total de 11 arqueiros e arqueiras que competiron nas diferentes categorías obtendo un total de 8 medallas repartidas como seguen a continuación: Iría Boullosa Currás: Campiona en cadete arco tradicional feminino Dolores Bugarín Codeseda: Campiona en senior arco asistido feminino Jaime Villaverde Balado: Campión veterano de Arco Asistido masculino Carlota Otero Cayetano: Subcampiona en cadete arco tradicional feminino Roi López Díaz: Subcampionato senior arco longbow masculino Marina Oliveira Amoedo: Bronce en senior arco asistido femenino Jacobo Santoro Lorenzo: Bronce e senior arco longbow masculino Laura Fernández Crespo: Bronce en senior arco tradicional feminino
|