SAN HUBERTO OURENSE
Eliseo Faraldo con “Ario” é o novo campión provincial
9/5/2011

O gañador da proba foi Eloy Rodríguez con “Twist”

Esta pasada fin de semana, tiña lugar na xornada do sábado día 7 de maio, o Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

A cita acudían un total de 10 participantes cos seus respectivos cans, xulgados polos xuíces Esteban Cambón Bertoa e Francisco Álvarez Rubiños, e exercendo como Director da Proba José Castro Rivela.

Foi o binomio composto polo coruñés Eloy Rodríguez Martínez co seu macho de Setter Inglés “Twist” os que acadaban unha puntuación de 74 puntos e se upaban o primeiro posto da clasificación. Antonio Oliveira Pego, tamén procedente da provincia de A Coruña, con “Killer” (SIM) e con 70 puntos situábase na segunda posición. Completaba o caixón, xa na terceira posición, o pontevedrés Javier Álvarez de Santamaría con “Xerife” (SIM) e un total de 67 puntos.

O primeiro clasificado da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial da modalidade foi o cazador Eliseo Faraldo Fernández co seu Pointer “Ario” sumando un total de 64 puntos. Acompañaran, a Eliseo Faraldo, na representación da provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da modalidade; Andrés Sánchez Fernández, José Manuel Rodríguez Martínez e José Luís Méndez Tesouro.