![]() |
| TRISTE PERDA |
| Falece o deportista de San Huberto e Cans de Parada José Lage Lis |
| 13/9/2011 |
A pasada fin de semana falecía a causa dunha enfermidade o ferrolán José Lage Lis, cazador e excelente deportista nas modalidades de San Huberto e Cans de Parada onde ten obtido varios campionatos a nivel provincial e autonómico. A Federación Galega de Caza lamenta profundamente a súa perda ao tempo que lle achega a familiares e amigos o seu máis sinceiro pésame. |