SILVESTRISMO PONTEVEDRA
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial
9/5/2012

VI Campionato Provincial de Pontevedra de Paxaros Cantores

O pasado 6 de maio, disputouse no concello pontevedrés de O Grove a fase provincial de paxaros cantores organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Ornitolóxica de O Grove.

Esta VI edición do Campionato Provincial destacou pola alta participación, congregándose ata un total de 162 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 23 pardillos, 102 xílgaros, 4 verderóns, 2 mixto de pardillo e 31 mixto de xílgaro.

Actuaron como xuíces Manuel Ángel Chao Porto, Iván Fajardo, Jesús Ángel Fajardo e Juan Pico, sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda.
Unha vez rematado o turno de participación, a clasificación final resultou do seguinte xeito:

Na categoría de Pardillo, o gañador foi José Ramón Rey Pérez con 7 puntos. Seguido de José A. Villar Gesteira con 5 puntos e José R. Silva Pérez con tamén 5 puntos pero xa en terceira posición.

 En Xílgaro, o primeiro posto foi para Germán Alcalde Cebreiro con 41 puntos. O segundo posto recaeu en Manuel Maneiro con 24 puntos. No terceiro posto ocupouno José M. Rodríguez Costam.

Na modalidade de Mixto de Xílgaro o gañador foi Germán Alcalde Cebreiro cun total de 86 puntos. Seguiuno Félix Romay Rey e Sergio Novas Barreiro con 62 e 57 puntos en segunda e terceira posición, respectivamente.

Na categoría de Verderón o único clasificado e gañador foi Pablo Corrales González con 11 puntos; na mentres que en Mixto de Pardillo non houbo paxaros clasificados.