DEPORTE
A Federación Galega de Caza únese ao plan "Galicia Saudable"
15/5/2012

O exercicio físico e o entorno no que se desenvolve a caza, fan que esta sexa un deporte saudable

Na mañan de hoxe día 15 de maio, a Federación Galega de Caza representada polo seu Presidente Javier Nogueira Diz e o Secretario Xeral, Ramón Rodríguez Cobas, veñen de participar no acto da firma do Plan Galicia Saudable, unha iniciativa gobernamental, que aposta pola loita contra o sedentarismo e no cal interverviron numerosos concellos, asociacións e diferentes federacións da comunidade galega.

>A finalidade de Galicia Saudable é a de contribuír a previr e reduci-las enfermidades crónicas non transmisibles e os seus factores de risco, entre os que a inactividade física é un dos principias, fomentando a adopción de estilos de vida físicamente máis activos  para gozar dun maior benestar e mellor calidade de vida.

O plan sitúa á actividade física nun lugar de privilexio dentro dos programas de prevención e promoción da saúde, e a Federación Galega de Caza consciente da importancia de fomentar estilos de vida saudables, a caza ademais de exercicio físico desenvólvese nun entorno saudable ao aire libre, ven de sumarse a este proxecto promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.