RRCC CORUÑA
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial
21/5/2012

O pasado 20 de maio tivo lugar no campo de tiro Río Sar, a fase provincial de A Coruña do Campionato de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba disputouse a 100 pratos divididos en 4 campos. Pratos e traxectorias de diferente índole os cales se tiveron que enfrontar un total de 39 tiradores.

Rematada a proba, chegou o momento de coñecer a clasificación final absoluta, resultando Campión Provincial o tirador Daniel Cebreiro García cun total de 86 pratos escachados. Na segunda posición situouse Martín Baqueiro Villafines con 85 pratos, os mesmos que José Luís Sánchez Mancebo que se situou en terceira posición. A clasificación provincial quedou do seguinte xeito: Daniel Cebreiro na 1ª posición, José Luis Sánchez Mancebo segundo, e Manuel Noya Viña no terceiro posto.

Na categoría de veteranos o tirador mellor clasificado foi Emilio José López Mosquera con 72 pratos esnaquizados. Xa en superveteranos o primeiro posto foi para Ángel Mosquera Rodríguez con 79 pratos escachados.