GALA RFEC
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza
21/5/2012

A gala terá lugar o vindeiro día 16 de xuño no Círculo de Belas Artes de Madrid

Como en anos anteriores, a Real Federación Española de Caza celebrará a súa Gran Gala da Caza o vindeiro día 16 de xuño no salón de baile do Círculo de Belas Artes, sito na rúa Alcalá nº 42 da capital de España.

No transcurso do almorzo, terá lugar a entrega de galardóns por parte da RFEC a aquelas persoas e cazadores cunha notoria e destacada vinculación co mundo do caza. No apartado de competicións, será galardoado o equipo raposeiro  “Os Magníficos”, equipo compostos por cazadores da Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo (A Coruña) polo título acadado VIII Copa de España de Caza de Raposo celebrada en Ponte Caldelas no pasado ano 2011.

A Federación Galega de Caza quere agradecer este recoñecemento da RFEC a este equipo galego así como felicitar aos todos os galardoados en xeral e ao equipo “Os Magníficos” en particular.