XABARIL CORUÑA
Rey Urrutia, con “Kapi”, adxudícase o provincial
12/6/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril

O pasado 9 de xuño no concello de O Pino e máis concretamente nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza A Magdalena o Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Un total de 31 cans conducidos por 22 monteiros participaron nesta fase provincial que estivo xulgada polos xuíces Samuel Barreiro Barreiro e Alfonso Collazo Pasín.

Unha vez disputada a fase final da proba, foi o monteiro Francisco Rey Urrutia co seu mestizo “Kapi” o que se converteu no novo Campión Provincial ao obter unha puntuación total de 229 puntos. En segunda posición situouse Manuel Rodeiro González con “Sildos” con 218 puntos. Xa na terceira posición o podio completouno Iván Fernández Pereira con “Ture” e 203 puntos.

Na entrega de premios acompañaron os participantes Antonio Suárez Iglesias en calidade de presidente da Sociedade, Manuel Gómez Vázquez directivo da FGC en A Coruña e Manuel Taboada Vigo como Alcalde do concello de O Pino.

Os monteiros Francisco Rey Urrutia, Manuel Rodeiro González, José Barreiro Rivadas, Carlos Arnoso García, Gonzalo Rodeiro Louzao, Francisco Devesa Bouzón, Francisco Rodeiro Eiras, Sergio García Fernández, Luís Mantiñán Pan e José Antonio Moar Veiras compoñen a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.