RASTRO XABARIL
O galego Iván Fernández con “Turé” é o novo Campión de España e o tamén galego Manuel Rodeiro con “Sildos” obtivo a medalla de bronce
16/7/2012

Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

Un total de 6 monteiros galegos se desprazaron a pasada fin de semana a terras cántabras para participar nunha edición máis do Campionato de España de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril.

Unha edición a que chegaban un total de 35 monteiros de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Navarra e Aragón, clasificados nas súas respectivas fases autonómicas.

O Campionato Nacional disputouse no entorno do Porto de San Glorio, unha paisaxe de enorme beleza  que foi testemuña do alto nivel acado pola representación galego que foi quen de clasificar entre os nove primeiros postos a 5 monteiros da nosa comunidade. E foi o xove monteiro lucense Iván Fernández Pereira co seu grifón azul de gascuña de nome “Turé” o que accedeu ao máis alto do podio con 226 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión de España da modalidade. En segunda posición situouse o asturiano Iván González con “Cho” e unha puntuación de 223 puntos. O tamén galego Manuel Rodeiro Louzao co can “Sildos” e 220,5 puntos tamén acadaba un oco no podio cunha medalla de bronce. Os monteiros galegos, Salvador Sestelo, Manuel Barreiro e Francisco Rodeiro situábanse en sexta, sétima e novena posición respectivamente.

A representación galega estivo acompañada polo Delegado de Rastro da FGC, Manuel Martínez Casal quen valorou moi positivamente o desenrolo da proba e o nivel acadado polos nosos monteiros en tan importante cita do panorama nacional

A Federación Galega de Caza súmase a estes éxitos acadados polos monteiros galegos facéndolles chegar a máis sincera noraboa.