ARCO
Cita provincial para os arqueiros pontevedreses
14/8/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 29 de xullo tivo lugar no concello de Mondariz o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Na proba déronse cita un total de 23 arqueiros que foron xulgados por Juan Bandeira, Abel López, Pedro José Martínez e María Rodríguez.
Foi o Director da Proba, Jaime Villaverde Balado o que a vista dos resultados deu a coñecer a clasificación final das diferentes categorías resultando do seguinte xeito:

En Arco Asistido o gañador e campión provincial foi Jaime Villaverde Balado con 226 puntos. O segundo posto do podio ocupouno Pedro Martínez Ángel con 195 puntos e xa en terceira posición situouse o arqueiro Xosé Manuel Pousada Sobral con 172 puntos.
Na categoría de Arco Tradicional o primeiro posto foi para Mikel Pasabant Quintian con 169 puntos. Con 154 puntos e en segunda posición situouse Óscar Novas Seijas. Completou o podio Pablo Martínez Requeiro con 139 puntos. Ata a cuarta posición non apareceu o campión provincial que nesta ocasión foi para Abel López Lipiani.

En Low Bow o gañador e campión provincial foi Juan F. Bandeira Autran con 100 puntos. O arqueiro Benicon Ruiz Pascual con 35 puntos foi o segundo clasificado.

En damas, a campioa provincial foi Dolores Bugarin Codeseda con 189 puntos seguida de María Luísa Rodríguez Rodríguez con 152 puntos e Iratxe Guillen Bouzas con 150 puntos, en segunda e terceira posición respectivamente.

Na categoría de cadetes o primeiro posto foi para Juan Bandeira Briz con 129 puntos obtidos. Marcos Gómez Dacosta accedía a segunda posición con 109 puntos. Completou o podio a xove arqueira Rebeca Villaverde Bugarín con 95 puntos.