INICIO TEMPADA
Novas sobre a apertura da caza menor
1/10/2012

Ante as diferentes opinións do colectivo cinexético xurdidas a raíz do cambio da apertura da tempada hábil de caza menor (que pasaba do domingo día 21 ao sábado día 20),  albíscase unha nova modificación na data de apertura tomando corpo a hipótese de manter o día 21 como día hábil de caza, e ante esta incerteza desde a Federación Galega de Caza presumimos que pode haber unha nova modificación adiantándose a apertura  á semana anterior, evitando así a coincidencia do primeiro día de caza coa xornada electoral.  

A FGC seguirá subindo puntualmente a esta web tódalas novas conforme se vaian producindo.

Feliz xornada inaugural, sexa cal sexa finalmente o día.