CAZA MENOR
Comeza unha nova tempada de caza en Galicia
11/10/2012

Sen dúbida, o vindeiro domingo día 14 de outubro vai ser unha data moi especial para a maioría dos cazadores da nosa comunidade, xa que nela ábrese unha nova tempada de caza menor en Galicia.

A Federación Galega de Caza quere transmitirlle e desexarlle a tódolos cazadores da nosa comunidade unha ventureira tempada de caza, na que unha multitude de apaixonados a esta actividade ancestral coparán os montes galegos na procura dos primeiros lances cinexéticos. Unha tempada na que a FGC recorda da necesidade de tomar tódalas medidas de seguridade oportunas para levar a cabo unha práctica segura e con responsabilidade, na que os nosos cans, compañeiros e natureza deben de ser os ingredientes esenciais.

Boa caza.