NOVO CARGO
David Romero, nomeado novo Secretario Xeral da FederaciĆ³n Galega de Caza
16/11/2012

O Presidente da FGC, Javier Nogueira, realizaba hoxe o nomeamento

David Romero Albores, coruñés de 37 anos, ocupa dende hoxe o posto de Secretario Xeral da Federación Galega de Caza. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña, ven de traballar durante os últimos anos no sector da banca, onde desenvolveu grande parte da súa traxectoria profesional.

Apaixonado polo mundo cinexético dende a súa máis tenra infancia, especialmente polos cans de caza, David Romero conta tamén cunha ampla experiencia dentro da competición cinexética, sendo xuíz autonómico nas disciplinas de San Huberto e Cans de Parada, onde ten xulgado numerosos Campionatos Galegos e Provinciais, modalidades das que é un auténtico namorado.

Romero Albores chega á Federación Galega de Caza, trala dimisión do seu antecesor, Ramón Rodríguez Cobas, coa esperanza de aportar o seu grao de area ao engrenaxe federativo, axudado tanto pola sua experiencia cinexética como profesional, coa ilusión e a paixón que o caracterizan no eido persoal.