SEGURIDADE
A prudencia, a mellor compaƱeira nunha xornada de caza
19/11/2012

O feitos acaecidos na pasada fin de semana na que dous xóvenes perderon as súas vidas no desenrolo da actividade cinexética dan a voz de alarma e fan un forte chamamento a necesidade de extremar as medidas de seguridade na práctica da caza.

A caza, apesares de ser unha actividade na que a taxa de sinistrabilidade é moi baixa, si que require o compromiso de tódolos cazadores galegos para que estes traumáticos feitos non se repitan. A Federación Galega de Caza promoveu diferentes campañas de seguridade para a práctica desta actividade, levando a cabo cursos de seguridade, repartindo chalecos de alta visibilidade, etc., co fin de lograr a sinistralidade cero.

A FGC quere tamén lembrar o que no seu día se alcumou como o decálogo do cazador seguro, medidas de seguridade necesarias e imprescindibles para unha caza segura. Onde o sentido común e a prudencia son os seus dous piares.

  1. Mante-las armas en bo estado e ben coidadas, comprobando os posibles desaxustes, desgastes, limpeza, etc.

  2. Cando se cargue ou descargue a arma dirixila cara o chan ou cara o ceo. Nunca cargar a arma ata chegar ao posto de caza.

  3. Asegurarse de descargalas armas antes de manipulalas, de camiño ao monte, ao saltar un valado, ao atravesar un regato, cando se transite por camiños ou zonas con risco de esvarar ou caer, de camiño cara o posto da cacería e ao ser regreso, nos descansos, ao achegarse a persoas alleas á nosa actividade, ao remata-la cacería, etc.

  4. Non quitárlle-lo seguro á arma ata o momento no se aviste claramente que se trata dunha peza de caza. Antes de efectua-lo disparo asegurarse que non existe ningunha persoa no campo de acción.

  5. Disparar de xeito que, no caso de faiar, a bala ou munición se espete n aterra e non saia rebotada.

  6. Non disparar sobre pezas que saen en cambios de rasante, e manter especial precaución cando agardamos a que nos saia unha peza detrás dunha matogueira, dunha silveira, etc. pois pode sorprendernos que é outro cazador, un transeúnte, ou un can.

  7. Respecta-las normas de seguridade establecidas: zonas de seguridade, normas dos xefes de cuadrilla, e especial atención e respecto ao resto de compañeiros da cacería.

  8. Sinalizar temporalmente os accesos á zona de cacería, mediante sinais “Atención Cacería”.

  9. Indicar aos compañeiros, visualmente ou a través da emisora a situación e posición.

  10.  Usar chalecos ou roupa de cores vivos porque aumentan a visibilidade. En contra do que se cree popularmente as cores vivas non espantan os animais, pois estes perciben máis o movemento que a través da súa propia visión.


Descargar Díptico Decálogo Seguridade