ARCEAS PONTEVEDRA
Álvarez de Santamaría acada o primeiro posto
28/11/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O pasado 24 de novembro disputouse no concello pontevedrés de O Rosal o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores “Rosaleña”.

Nesta fase provincial déronse cita un total de 22 cazadores que durante as horas de competición tentaron dar caza ás sempre complexas arceas, que nesta ocasión acudiron a cita e ata 15 exemplares foron avistados polos participantes.

Unha vez rematado o tempo de competición, o xurado da proba deron a coñecer a clasificación final resultando gañador o participante Javier Álvarez de Santamaría con 1 arcea abatida e 500 puntos. Tamén co mesmo número de capturas e puntos remataba en segunda posición Andrés Pereira Pereira. Ao terceiro caixón do podio subía Emilio Ferreira Martínez tamén con 1 arcea e 500 puntos.

A estes tres primeiros clasificados súmanselles os cazadores Agustín González Eiras, José Manuel Domínguez Fernández e José A. Vasconcellos Vicente, conformando o equipo que representará á provincia de Pontevedra para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.