CACERIA
A RFEC organiza unha batida de xabaril en Soria para cazadores federados
4/12/2012

A Real Federación Española de Caza organizará unha batida de xabaril o vindeiro 22 de decembro no coto de Castillejo de Robledo, na que se previu a participación de 4 federados por cada unha das Federacións Autonómicas de Caza.

Polo tanto, son catro os cazadores galegos federados os que poden optar a esta cacería, inscribíndose antes do vindeiro 13 de decembro. Os interesados deben contactar coa Federación Galega de Caza no teléfono 981 562 777 ou ben por correo electrónico federacion@federaciongalegadecaza.com para realizar a inscrición. No caso de recibir máis solicitudes das prazas dispoñibles levarase a cabo un sorteo entre todos os solicitantes.