SORTEO
Dous cazadores galegos, agraciados cun polar da FGC por participar na votaciĆ³n do novo logotipo de Mutuasport
27/12/2012

A pasada semana esta web acollía unha enquisa especial, na que se invitaba a tódolos visitantes a participar na votación do novo logotipo de Mutuasport, a Mutua dos cazadores.

Tal e como se viña anunciando, entre tódolos participantes nesta enquisa, que facilitasen algún medio de contacto, sorteáronse dous polares co logotipo da FGC e xa coñecemos os gañadores do sorteo realizado o pasado mércores: José Martínez e Domingo Antonio Dumas. Ambos xa están sendo contactados para facerlles chegar os seus agasallos.

A intención desta enquisa é facerlle chegar a Mutuasport, a Mutua dos cazadores, a opinión dos cazadores galegos respecto ás propostas que barallan actualmente para a sua nova imaxe, así como as suxestións e cambios suxeridos polos mesmos, e así facer un pouco máis propia a Mutua que representa a tódolos cazadores federados.

A tódolos participantes querémoslle agradecer o seu tempo e convidámolos a participar en vindeiras enquisas e sondaxes parecidas nesta web.