RAPOSO PONTEVEDRA
O equipo “Silleda-San Salvador de Escuadro” foi o gañador do campionato provincial
15/1/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo

O pasado sábado 12 de xaneiro, disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de Pontevedra organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración das Sociedades de Caza de Forcarei, Río Umia, Río Ulla, A Rocha, Codo do Castro e Cercedo.

A nota predominantes desta competición foi a alta participaci&n, congregándose ata un total de 45 equipos, preto de medio millar de cazadores tomaron saída nesta fase provincial clasificatoria para o Campionato Autonómico da especialidade que se disputara o vindeiro sábado día 19 en diferentes terreos cinexéticos da provincia de Pontevedra.

Foi o equipo “Silleda-San Salvador de Escuadro” o que con 2.000 puntos obtivo o primeiro posto da clasificación e se converteu no novo Campión Provincial. Con 1.500 puntos situouse en segunda posición o equipo “Río Ulla 1” para rematar, xa en terceira posición, o equipo “Montes de Arousa 1” con 1.000 puntos.

A estes tres primeiros equipos engádeselles o equipo “A Peneda” conformando a representación de Pontevedra para o Campionato Galego da especialidade.