RAPOSO OURENSE
O equipo “O Rei de Copas” acada o campionato
15/1/2013

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo

O pasado sábado 12 de xaneiro, disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Ourense organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Caza Pena Maior de Piñor.

Unha vez feita entrada en control do total de equipos participantes, o Director da Proba, Antonio García Reinoso, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito:

O primeiro posto e o campionato foi acadado polo equipo “O Rei de Copas” con 500 puntos. O equipo “Lamela” con tamén 500 puntos fíxose co subcampionato namentres que a cuadrilla “Los Hombres de Paco” completou o podio en terceira posición con 500 puntos.

Estes tres primeiros equipos representarán a Ourense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.