CAZA RAPOSO
O equipo “O Cordal de Ousa” foron os gañadores en Portomarín
5/2/2013

Copa Provincial de Caza de Raposo disputado en Portomarín

O pasado sábado día 2 de febreiro tivo lugar unha das tradicionais citas dos raposeiros de Galicia. Non foi outra que a Copa Provincial de Caza de Raposo de Portomarín á que acudiron un total de 44 equipos, e estivo organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de San Nicolás, Río Miño, Xián, Gonzar, A Perdigueira, Monte Pena Maior, A Devesa, O Paraño, O Picato, Río Grande, O Rosario, A Trapa, Ribeira do Loyo, O Caneiro, San Mamed e Castelo e Pozo dos Mouros.

A xornada transcorreu sen imprevistos e o preto de medio millar de cazadores e apaixonados da caza do raposo desfrutaron dunha extraordinaria xornada de caza , na que a abundancia e avistamentos de especies cinexéticas puxo a nota destacada desta xa arraigada cita para os cazadores de raposo da nosa comunidade. Mostra delo foron os 70 raposos avistados polos diferentes equipos participantes,  apesares de ser unha xornada na que a climatoloxía dificultou a mesma.

Foi o equipo “O Cordal de Ousa”, procedente do concello lucense de Friol, o que acadou o primeiro posto ao sumar un total de 2.000 puntos. O segundo posto recaeu no equipo “Os Piratas” con 1.500 puntos. Co mesmo número de puntos, pero xa en terceira posición, remataba o equipo “Mazandán”.