ESCRITO
O Presidente da FGC agradece o apoio manifestado por UNITEGA
15/2/2013

A FGC recibía onte unha carta dirixida ao seu Presidente, Javier Nogueira, por parte de UNITEGA (Unión de Tecores de Galicia) na que lle transmitía a adhesión á sua postura respecto do anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia ao tempo que lle manifestaba o seu apoio. Pode ver o escrito na seguinte ligazón:

Descargar Carta UNITEGA

O propio Presidente da FGC, Javier Nogueira, respostaba esta mañá ao escrito:

Estimado Florencio:
 
En relación co seu escrito de data 14 dos correntes, a través do que nos manifesta o seu apoio á postura que estamos a defender ante a nova Lei de Caza de Galicia, primeiramente o meu agradecemento persoal por alentarnos a seguir traballando, a seguir adiante, pois cando desde a Federación defendemos unha determinada postura, estamos a pensar en todos e cadaún dos cazadores e das sociedades de caza de Galicia, pero tamén noutros colectivos indirectamente afectados (agricultores, gandeiros, silvicultores, etc.) que, no fondo, serían os grandes prexudicados se os cazadores nos plantamos.
 
Na caza, coma na vida, do que se trata é de sumar non de restar, cantos máis sexamos máis forza teremos. Reciba un afectuoso saúdo.
 
Javier Nogueira Diz
Presidente da Federación Galega de Caza