CAZADORAS
A iniciativa “Montería Feminina”, premiada na II Gala do Deporte Feminino Galego
28/2/2013

A gala de entrega terá lugar o vindeiro 9 de marzo en Ames (A Coruña)

A Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) fai entrega, por segundo ano, dos seus premios ás mellores deportistas e iniciativas en prol do deporte feminino na nosa comunidade autónoma.

Entre os premiados este ano atópase unha iniciativa relacionada co mundo da caza: a II Montería Feminina, organizada por “Monteros Galaicos” en colaboración coa Federación Galega de Caza e a Asociación de Clubes e Cazadores de Caza Maior de Galicia, que cada ano reúne a cazadoras de toda Galicia nunha xornada de cacería exclusivamente feminina, foi recoñecida como a mellor iniciativa en prol do deporte feminino.

Dende a Federación Galega de Caza deséxase dar a noraboa aos premiados e ao tempo agradecer a MUDEGA o seu apoio e recoñecemento ao deporte da caza dentro destes premios.