LEI CAZA
O Conselleiro de Medio Ambiente recibe, de mans do Presidente da FGC, o sentir do sector cinexético respecto ao anteproxecto da Lei de Caza
5/3/2013

A comisión cinexética da Federación Galega de Caza mantivo no día de onte unha nova xuntanza co gallo da nova Lei de Caza, na que informou ao conselleiro de que o actual anteproxecto da Lei de Caza, tal e como está redactado neste momento, poñería en perigo de extinción a actual estrutura da caza social en Galicia.

Polo tanto, a comisión da FGC trasladoulle a opinión do sector, a través dun documento coas principais eivas que contén e as apreciacións que dende o sector cinexético lle parecen xustas e precisas. Estas reivindicacións contan ademais co apoio, tanto das sociedades de caza como doutras asociacións cinexéticas externas á Federación, que nas últimas semanas manifestaron o seu apoio á postura federativa.

O titular da Consellería mostrouse receptivo e mesmo emprazou a comisión para unha futura xuntanza antes do definitivo trámite parlamentario