RRCC ARCO CORU√ĎA
Os mellores arqueiros da provincia
14/3/2013

O pasado 10 de marzo, tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e o Clube Arco Hércules, contando coa colaboración da Asociación de Veciños de Bens.

O bo tempo fixo que esta proba estivera do mais entretida ao que axudou un circuíto moi ben deseñado e que permitiu o disfrute dos arqueiros participantes.
A continuación vemos a clasificación nas diferentes modalidades e categorías:

Arco Asistido Sénior: O campión desta edición foi Pedro Martínez Ángel con 193 puntos. Seguiuno a tan so un punto Jaime Villaverde Balado en segunda posición e José María Busto Busto no terceiro caixón con 155 puntos.

Arco Tradicional Sénior: O primeiro posto foi para Óscar Novas Seijas con 186 puntos. Cun total de 127 puntos acadaba o segundo posto Abel López Lepiani. O arqueiro Pablo Martínez Regueiro situábase na terceira posición da clasificación con 125 puntos.

Arco Libre Damas: Dolores Bugarín Codeseda impoñíase na primeira posición con 187 puntos seguida por María Luísa Rodríguez con 163 puntos.

Arco Tradicional Damas: Sonia Mª Ribeiro Costa completaba un percorrido con 45 puntos adxudicándose o primeiro posto. O subcampionato foi para Inmaculada Santamaría Rodríguez con 40 puntos. Xa en terceira posición remataba Irene Sandra Padín con 4 puntos.

Arco Infantil: con 97 puntos e en primeira posición finalizaba Laura Novas Ribeiro. Rebeca Villaverde Bugarín con 67 puntos acabada o segundo posto mentres que Iván Patiño Barbón subía o terceiro posto da clasificación con 51 puntos.