RRCC OURENSE
Misa Alonso foi o gañador da proba e Vázquez Iglesias o campión provincial
6/5/2013

Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza

O pasado 27 de abril, disputábase no Tecor da Sociedade Deportiva de “Xungos” unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita Sociedade Deportiva.

A esta fase provincial acudiron un total de 21 tiradores que foron xulgados polos árbitros Rubén Martínez Bugallo e José Antonio García Blanco.

Ao remate da proba, foi o tirador pontevedrés Carlos Misa Alonso o que subiu o caixón máis alto da clasificación absoluta ao escachar un total de 77 pratos. O subcampionato foi para Jorge Vázquez Iglesias que participou pola sociedade ourensá de Xungos e polo tanto converteuse no novo Campión Provincial con 75 pratos. Completou o podium o tirador participante pola provincia de A Coruña, Artemio Formoso Barro con 74 pratos derribados.

Na categoría de veteranos, o primeiro posto foi para Abel Andrés Otero con 72 pratos.