RASTRO XABARIL |
Iván Fernández resultou gañador en Arca |
7/5/2013 |
I Copa Remanso de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril O pasado sábado 4 de maio, tiña lugar en Arca – A Coruña, a I Copa Remanso de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado por a Tenda Deportiva Remanso coa colaboración da Federación Galega de Caza e as Sociedades de Caza de A Magdalena e Touro. Esta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade congregou a un total de 35 monteiros que foron xulgados por José Antonio Montoiro González e José María Álvarez Villar. Foi “Ture” propiedade do lucense Iván Fernández Pereira o monteiro que subiu o máis alto do podio o acadar unha puntuación de 256 puntos. En segunda posición situábase o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Clay” e 249 puntos. O participante Juan Fernáandez Vecino con “Zulú de Soñar” ocupaba o terceiro posto da clasificación final con 241 puntos. |