GALEGO PAXARILES
Os mellores paxaros cantores galegos
23/5/2013

Campionato Galego de Paxariles disputado en Narón

O pasado 19 de maio, disputouse en Río Seco – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade de A Faísca.

A proba acudiron un total de 39 participantes que presentaron un total de 113 paxaros repartidos nas diferentes categorías. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Ángel Faraldo Ares e Manuel A. Chao Porto, sendo o Director da Proba este último.

Na clasificación de Pardillo o primeiro posto foi para Dionisio Ares Babarro con 34 puntos, seguido de Camilo Taboada Piñeiro con 27 puntos e xa en terceiro posto repetía Dionisio Ares Babarro con 17 puntos.

En Mixto de Pardillo os tres primeiros postos foron para Jesús Ángel Faraldo Ares con 92, 79 e 34 puntos.

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 110 puntos, seguido de Jose Antonio López Romero e Victoria Eugenia Hermida Fachal en segunda e terceira posición con 93 e 69 puntos respectivamente.

En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en José Iván Aneiros Fernández con 80 puntos. Con 77 puntos o segundo posto foi ocupado por Félix Romay Rey. Co mesmo número de puntos José Luis Gándara Conde acadaba a terceira posición.

Na categoría de Verderón o participante Miguel Ángel Ares Ares acadaba o primeiro e segundo posto con 18 e 10 puntos. En terceira posición rematou Pedro Fernández Jiménez con 7 puntos.

Na clasificación de Mixto de Verderón resultaba gañador Dionisio Ares Babarro con 43 puntos. Juan Manuel Souto Rico con 27 puntos acadaba o subcampionato namentres que Jose Manuel Romero Neira subía a terceira posición con 16 puntos.