TERTULIA RADIO
O Presidente da FGC participar√° no debate de Onda Cero do vindeiro domingo
24/5/2013

A ruptura do convenio entre Mutuasport e a Real Federación Española de Caza focaliza o debate

O programa “Linde y Ribera” de Onda Cero, presentado por Cesáreo Martín, que cada domingo de 6.00 a 7.00h da mañá debate sobre temas de caza e pesca, contará o vindeiro 26 de maio co Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, ademais de co Vicepresidente da RFEC e Presidente da Federación Canaria de Caza, José Enríque Sánchez.

O tema de debate nesta ocasión é a ruptura por parte da RFEC do seu tradicional convenio coa mutua de seguros dos cazadores Mutuasport e a firma dun novo acordo coa correduría de seguros Rasher para tramitar seguros da aseguradora Mapfre.
Ambos tertulianos achegarán tamén o seu punto de vista sobre a relación entre ambas entidades, a súa situación económica, e moitos outros aspectos referentes ao estado actual de dous dos organismos máis importantes a nivel nacional dentro do mundo cinexético.

A cita é o vindeiro domingo 26 de maio de 6.00h a 7.00h da mañá en Onda Cero. Máis información na seguinte ligazón www.ondacero.es/linde-y-ribera