XESTIÓN CINEXÉTICA
Éxito rotundo na X Xornada sobre Xestión Cinexética de Portas
10/6/2013

O pasado sábado día 8 de xuño a localidade pontevedresa de Portas acolleu a X edición da súa xa consolidada xornada sobre xestión cinexética e medio ambiente.

No transcurso da mesma, máis de 200 persoas achegáronse ata o Auditorio da antiga Azucreira: cazadores, xestores, directivos de sociedades de caza, gardas de campo e  técnicos, entre outros, participaron no evento.

Durante as máis de seis horas que durou a xornada, os asistentes puideron coñecer as últimas novidades no mundo cinexético, da man dos mellores expertos en cada materia.

En primeiro lugar, unha ponencia sobre “A seguridade no exercicio da caza” da boca de Francisco Chan Méndez, quen fixo unha brillante exposición dos motivos que provocan os accidentes de caza, dos elementos de seguridade a usar, para tentar unha sinistralidade “0” no ámbito cinexético. Recén “saído do forno” entregouse a todos os asistentes un opúsculo editado por la FGC sobre as medidas de seguridade que se deben adoptar no exercicio da caza.

A continuación Luis E. Fidalgo da facultade de veterinaria da U.S.C aportaba aos asistentes os derradeiro datos procesados acerca da enfermidade do “Gusano” da nariz  nas poboacións de corzos.

Para rematar esta primeira parte da xornada o estudo medioambiental “Keretano” presentou en exclusiva para Galicia o Libro Blanco da Caza.

Tralo café de rigor foi o quenda para Santiago Ballesteros, avogado especialista en dereito medio ambiental e caza, chegado para a ocasión de terras do Quixote. Baixo o título “Responsabilidades en materia de caza” trasladou aos asistentes as diversas responsabilidades á que estamos expostos tanto a título individual como cazadores que cando decidimos asumir os órganos de goberno das sociedades de caza. Responsabilidades por danos e diversos aspectos relacionados coa inseguridade xurídica que sofren moitas veces os cazadores ocuparon a súa hora de exposición.

A continuación subía ao estrado un vello coñecido das Xornadas de Portas, José Luís Garrido, quen baixo o título “A fauna cinexética e os accidentes” explicaba a todos os asistentes canto nos custan os accidentes con especies cinexéticas, aportando documentación moi detallada no ámbito de cada Comunidade Autónoma.

Pechaba a quenda de poñentes un experto en nutrición animal que durante a súa intervención “desmitificou” diversas crenzas moi arraigadas á hora de coidar e alimentar aos nosos grandes amigos, os cans.

Unha numerosa mesa de debate baixo o título Aspectos Básicos da Nova Lei de caza de Galiciaserviu de marco para que case todos os sectores afectados pola nova Lei expuxesen ao público as súas achegas de cara a mellorar o actual borrador, que se atopa “ás portas” do trámite parlamentario. Diversas opinións e dúbidas dos asistentes completaron unha mañá do máis interesante.

Un ano máis e xa van dez, Portas, volveu a converterse por un día, en un referente nacional da caza e da xestión cinexética. Un xantar de confraternidade puxo o broche de ouro a esta edición do X aniversario deste evento e daba o “pistoletazo” de saída a Portas 2014.