SAN HUBERTO OURENSE
Eliseo Faraldo acada o provincial en Xinzo
13/6/2013

Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

O pasado 8 de xuño disputábase a fase provincial de Ourense de Caza San Huberto na localidade de Xinzo de Limia. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

A proba estivo xulgada polo xuíz Marcial Ramil Hermida, e o Xurado de Competición integrado por Florentino Fernández Amaro e José Manuel Quintas Pozos, sendo o Director da Proba Manuel Feijoo Castro, quen deu a clasificación final resultando do seguinte xeito.

O primeiro posto foi para José Ignacio Pérez Pérez que acadou unha puntuación de 89 puntos, seguido, en segunda posición, de Pablo García Ferreiro con 74 puntos. O terceiro posto foi para o cazador participante por Ourense, Eliseo Faraldo Fernández quen con 70 puntos se converteu no novo Campión Provincial da especialidade.

Xunto con Eliseo Faraldo Fernández, os cazadores José Francisco Otero González, Andrés Sánchez Fernández e Rubén Boquete Varela conforman a selección da provincia de Ourense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da modalidade.