CANS PARADA OURENSE
Fernando Manso en Británicos e Eduardo Calles en Continentais, foron os campións en Xinzo
13/6/2013

Copa Federación de Ourense de Cans de Parada

O pasado 9 de xuño disputábase a fase provincial de Ourense de Cans de Parada na localidade de Xinzo de Limia. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

A proba estivo xulgada polo xuíz Marcial Ramil Hermida, e o Xurado de Competición integrado por Florentino Fernández Amaro e José Manuel Quintas Pozos, sendo o Director da Proba José Castro Rivela.

Destacar a participación de un total de 32 cans, divididos en 7 de razas Continentais e 25 en razas Británicas.

En Continentais o gañador foi o can de nome “Veloz de Alecrín” conducido por Eduardo Calles Casais cunha calificación de 1º MB. Con un 2º MB resultou segundo clasificado o can “Aris de Poldarriba” propiedade de Vicente Cortés Doce.

En Británicos, o primeiro posto foi para Fernando Manso Gómez co can “Kol” que obtivo unha calificación de 1º EXC. “Rin de los Aluches” conducido por Roberto Dopico Dopico obtivo o segundo posto cunha calificación de 2º EXC. E xa no terceiro posto, Antonio Vilar Vigo co can “Rocco Pi Dartores” obtivo unha calificación de 3º EXC.