SAN HUBERTO
Ramón Picallo, gañador en Ferrol
16/6/2013

Proba de Caza San Huberto Memorial Pepe Tabia

O pasado 1 de xuño disputábase no Tecor Urogallo unha proba puntuable de Caza San Huberto organizado pola Sociedade de Caza Urogallo de Ferrol coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Á proba acudiron un total de 35 cazadores que foron xulgados por Esteban Cambón Bertoa e Santiago Saavedra Cuíña, actuando como Director da Proba Pablo Mosquera Mosquera.

Foi o participante Ramón Picallo o que acompañado do seu setter inglés “Risto” o que acadaba o primeiro posto con 72 puntos. En segunda posición situábase o cazador Antonio Oliveira co tamén setter inglés “Killer” e 55 puntos. Xa en terceira posición remataba José María Carnota con “Bratón” un setter inglés co que acadaba un total de 42 puntos.