CANS DE PARADA
Roberto Dopico en Británicos e Andrés Pena en Continentais resultaron gañadores en As Pontes
20/6/2013

III Proba de Cans de Parada Can de Ouro Costa da Morte

O pasado 11 de xuño disputouse no Tecor Societario Venatoria de As Pontes unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Parada organizado pola Sociedade de Amigos dos Cans de Caza coa colaboración de dita sociedade de cazadores e da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba estivo xulgada por Jaime Aneiros e Antonio González, namentres que o xurado de competición integrárono Francisco Rodríguez Lista e Esteban Cambón Bertoa.

En Británicos o primeiro posto foi para a cadela (P.H) “Easy de Capagut” de Roberto Dopico Dopico cunha calificación de 1º EXC. “Rambo de Bosende” (S.I.M) conducido por Andrés Pena Vázquez acadou o segundo posto cun 2º EXC, e xa en terceira posición cunha calificación de 3º EXC situábase “Agra de Torres Varela” (P.H) de Carlos Lalín Ferreiroa.

En razas Continentais o gañador era “Piti” (G.K.H) de Andrés Pena Vázquez cunha calificación 1º MB. “Aris de Pol” (B.A.H) propiedade de Vicente Cortes Doce acadaba o segundo posto cun 2ºMB.