RASTRO XABARIL
Francisco Rodeiro con “Cho” gañan en Xeve
27/6/2013

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 22 de xuño, disputouse no Tecor pontevedrés de O Campo, en Xeve, unha proba de Rastro de Xabaril para Cans Atrelados puntuable para a Copa Galicia baixo a organización do Club Deportivo Pequenos Monteiros e coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

A proba acudiron máis de 40 monteiros cos seus respectivos cans e que foron xulgados por Manuel Martinez Casal e Francisco Javier Silva Fontan.

O gañador da proba foi o monteiro chegado de A Coruña Francisco Rodeiro Eiras co seu can de nome “Cho”. Seguiuno en segunda posición o lucense Iván Fernández Pereira con “Ture”. O participante pontevedrés Salvador Sestelo Nuñez co can “Vikingo” remataba en terceira posición completando así o pódium da proba.