SAN HUBERTO PONTEVEDRA
O Campión Provincial foi José Luís Tarrio
2/7/2013
Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto

O pasado 30 de xuño disputouse na localidade pontevedresa de Gondomar, concretamente no Tecor da Sociedade de Cazadores A Gondomarense, o XXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

Os xuíces asinados foron Santiago Saavedra Cuiña, Juan Álvaro Rodríguez Pereiro e como auxiliar Eliseo Faraldo.

O cazador José Luís Tarrio Prieto co can “Yellow” foi o campión provincial ao acadar unha puntuación de 46 puntos. O segundo posto foi para José Ramón Zamora Lorenzo con “Kurko” e 39 puntos. Completou o podio o participante Juan Manuel Lorenzo Pazo con “Maco”.

Na categoría de Springers o campión foi Saturnino Pereira Vidal con “Cephuos” e 44 puntos.