CANS PARADA CORUÑA
Pedro Rodríguez con “Sol” acada o primeiro posto
15/7/2013
Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada

O pasado 13 de xullo disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores da Venatoria de As Pontes o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando cos terreos e a colaboración de dita Sociedade de Caza./

Á proba acudiron un total de 37 cans, todos eles pertencentes a razas Británicas excepto 4 Continentais que non obtiveron calificación. A proba foi xulgada por José María Álvarez Villar, Esteban Cambón Bertoa, Eloy Rodríguez Rego e actuando como xuíz auxiliar Rubén Boquete Varela.

O setter inglés macho de nome “Sol” conducido por Pedro Rodríguez Sanjurjo adxudicábase o primeiro posto cunha calificación de 1ºEXC. Repetía no segundo posto Pedro Rodríguez Sanjurjo, pero nesta ocasión, coa cadela setter inglés “Ada” cunha calificación de 2ºMB. Completaba o podio o tamén setter inglés “Fauno” de Iván López López con un 2ºMB.