EMISORAS
A FGC estuda unha rede Ășnica de frecuencias de emisoras para toda Galicia
20/8/2013

Na xornada de hoxe día 20 de agosto, tivo lugar na sede central da Federación Galega de Caza, sita en Santiago de Compostela, unha xuntanza entre o presidente da FGC, Javier Nogueira Diz, e representantes das catro federacións provinciais cun Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións para tratar, entre outros puntos, a temática e posible unificación das frecuencias de emisoras para o cazador galego no desenvolvemento da súa actividade. Todo elo co fin de buscar un mellor servizo e beneficio para o cazador galego.