RASTRO COELLO
Óscar Esparís, gañador en Porto do Son
5/9/2013

XXII Campionato de Cans de Rastro de Coello en Porto do Son

O pasado 31 de agosto disputouse na localidade coruñesa de Porto do Son, unha edición máis da proba de Rastro de Coello organizada polo Clube de Amigos dos Cans de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Cazadores de Porto do Son.

Na proba participaron un total de 18 lotes de cans que se dividiron en 4 campos. A proba descorreu con normalidade destacando as altas temperaturas reinantes que dificultaron o traballo dos cans.

Rematada a proba, foi o lote composto por “Boby”, “Champán”, “Homo” e “Pistón” propiedade de Óscar Esparís Agra o que acadou o primeiro posto nesta edición cun total de 661 puntos. En segunda posición situouse o lote “Alfa”, “Tor”, “Chulo” e “Laika” de Jaime López Castro con 546 puntos. “Sam”, “Eros”, “Era” e “Tula” composición do lote de José Javier Suárez Rama acadaba o terceiro posto con 507 puntos.

O can “Boby” propiedade de Óscar Esparís Agra foi asinado polos xuíces como mellor can da proba cun total de 171 puntos.