CAZA MENOR
Entrevista de Correo TV ao Presidente da FGC con motivo da apertura da tempada de caza menor
18/10/2013

Este domingo ábrese a veda de caza menor en Galicia, e miles de cazadores galegos sairán ao monte para desfrutar do arranque dunha nova tempada. Dende a Federación Galega de Caza agárdase sexa proveitosa para todos. Por mor desta importante data na axenda cinexética, o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, foi entrevistado o pasado martes na sección de deportes de Correo TV. Pode visualizar aquí a entrevista completa:

Igualmente, a Federación Galega de Caza quere lembrarlle a tódolos cazadores que sairán este domingo ao monte que extremen coma sempre as precaucións, máis se cabe nun día no que se agardan tanta afluencia de afecionados ao deporte da caza.