XUNTANZA
O Secretario Xeral para o Deporte ponse ao día co Presidente da FGC ao respecto do conflito coa RFEC
21/10/2013

Arredor das 13.30h de mantiñan hoxe unha nova xuntanza, na sede da Secretaria Xeral para o Deporte, en Santiago de Compostela, o Presidente da FGC, Javier Nogueira e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Son xa varias a xuntanzas que veñen mantendo nas últimas semanas ambos representantes co fin de manter informada á Secretaría Xeral para o Deporte das novidades ao respecto do conflito que manteñen oito federacións autonómicas de caza (Andalucía, Aragón, Castela León, Castela A Mancha, Cataluña, Estremadura, Navarra e Galicia) –que aglutinan 256.469 dos 370.123 cazadores federados a nivel nacional-, coa Real Federación Española de Caza.

Nesta ocasión o punto central do informe era o convenio de integración proposto pola RFEC que queda totalmente bloqueado a calquera negociación, impoñendo uns termos abusivos que non concordan co espírito do deporte, onde a integración debe ser voluntaria e froito dun consenso previo entre a Federación Española e a autonómica correspondentes, e non unha imposición unilateral.