CAZA MENOR
O provincial de Lugo foi para Antonio González
28/10/2013

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro disputouse nos terreos do Tecor Río Ladra, sito no concello lucense de Vilalba, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A esta fase provincial acudiron un total de 21 cazadores que desfrutaron dunha boa xornada cinexética na que a climatoloxía acompañou durante toda a mañá.

Foi o cazador Antonio González Álvarez o que acadaba o título de Campión Provincial con 550 puntos. En segunda posición remataba Iván Taboelle Moscoso con tamén 550 puntos. Vicente Insua López tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando a mesma puntuación que os seus compañeiros pero que, pola orde de entrada en control, deixaba a clasificación final deste xeito.

A estes tres cazadores acompañaranos Andrés Pena Vázquez e Miguel Losada Ferreiro, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará o próximo día 9 de novembro.