LEI DE CAZA
Siga en directo o debate parlamentario da nova Lei de Caza
29/10/2013

A partires das 12.00h da mañá, aproximadamente, poderá seguir en directo aquí mesmo o debate parlamentario sobre a nova Lei de Caza de Galicia, así como todas as novidades que ao respeto se produzan.

TRANSMISIÓN FINALIZADA

11.05h - A comitiva da Federación Galega de Caza xa está presente no Parlamento
A comitiva está composta polo Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira; o Presidente da FGC en Pontevedra, Francisco Couselo; o Presidente da FGC en Ourense, Antonio García Reinoso; e o Presidente da FGC en Lugo, Francisco López Penela; así como por José Luís Valcárcel, Vicepresidente da FGC; Ramón Rodríguez e Nicolás Castro, vogais da FGC; e Luis Eusebio Fidalgo, Vicepresidente da FGC en Lugo.

12.05h - A piques de comezar o debate sobre a Lei de Caza

12.30h - Comeza o debate coa exposición do Conselleiro de Medio Ambiente