FORO CAZA
O Presidente da FGC participará nun foro sobre o futuro da caza organizado pola Oficina Nacional da Caza
12/11/2013

Baixo o título “Novas perspectivas para a actividade cinexética”, a ONC reunirá o vindeiro 14 de novembro a máis de 20 expertos en materia de caza para analizar a actual situación deste práctica en España. Entre eles atoparase o Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, quen intervirá na mesa redonda “Responsabilidad de los daños a la agricultura y los accidentes de tráfico causados por las especies cinegéticas. Modificaciones de la Ley de Montes y la Ley de Tráfico”.

Entre os temas a analizar neste foro estarán o papel que a caza xogará dentro do marco da nova PAC (Política Agraria Común) 2014-2020, a nova normativa que se incorporará á Ley de Montes é a Ley de Seguridad Vial –no referente á danos na agricultura e accidentes de tráfico, principalmente-, e a organización das competencias en materia de caza entre estado e autonomías.

Por último, e como colofón deste acto, a ONC aproveitará para presentar unha proposta na que leva traballando nos últimos anos: conseguir que a caza sexa declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. O acto será clausurado por Isabel García Tejerina, secretaria xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Alimentación.

Descargar programa