CONTOS INFANTÍS
A Federación Galega de Caza colabora co proxecto “La caza, sin cuentos”
25/11/2013

Trátase dunha iniciativa impulsada pola revista Jara y Sedal, Nuria Díaz y Ramón Garoz que ten por obxectivo distribuír gratuitamente entre nenos de toda España 30.000 contos nos que a caza é protagonista positiva.

Conscientes de que un dos principais problemas da práctica cinexética na actualidade é a visión nesgada que dela ten unha parte –cada vez maior- da sociedade, e de que boa culpa desa imaxe da caza tan afastada da realidade téñena os contos infantís e os debuxos animados cos que, dende a infancia, bombardéase constantemente ás novas xeracións.

A Federación Galega de Caza, Innova Ediciones SL, empresa editora da revista Jara y Sedal, Nuria Díaz e Ramón Garoz –autores do libro Jara la Cazadora-, acaban de poñer en marcha este mes un ambicioso proxecto chamado “La caza, sin cuentos”.

Grazas a ela, vanse distribuír por toda España 30.000 contos infantís nos que, por fin, a caza convértese na protagonista positiva para os nenos. Gran parte dos libros entregaranse nos quioscos como obsequio que acompaña ao número 145 da revista Jara y Sedal, correspondente ao mes de decembro de 2013, aproveitando a época de Nadal, moi propicia para que os seus lectores o poidan regalar aos nenos do seu entorno. O resto será distribuído entre os patrocinadores da iniciativa para que os agasallen polos seus propios medios.

No caso das federacións de caza autonómicas de Andalucía, Aragón, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia e Navarra, que se xuntaron a esta iniciativa patrocinándoa, encargaranse de repartir parte deses 30.000 contos nos colexios onde acoden para dar charlas e achegar a caza aos máis pequenos.